Thursday 19 de September de 2024

Adíase para o 29 de agosto o espectáculo de monicreques do programa “Miúdo verán. Cultura en familia”


Circunstancias alleas ao Concello de Neda obrigan a mover as datas do último dos espectáculos do programa “Miúdo verán. Cultura en Familia”. A obra de monicreques “Kori de Kokorico”, prevista inicialmente para este xoves, chegará finalmente a Neda a finais de agosto.

A nova data acordada coa compañía Galitoon é o 29 do mes que está a piques de arrincar. E o campo dos Subarreiros será o escenario que acollerá esta montaxe sobre educación viaria, destinada a familiarizar aos máis pequenos e máis pequenas da casa coas normas de circulación.

O protagonista da obra é nada menos que un extraterrestre que terá que aprender o fundamental da educación viaria para poder ir seguro pola cidade na que aterra.

A proposta forma parte de “Miúdo verán. Cultura en familia”, un ciclo activado pola administración local co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais, a través do programa Cultura no Camiño, para potenciar a oferta escénica nas localidades polas que pasa o Camiño de Santiago, durante os meses de maior afluencia de visitantes.